Socio + Licenza Federativa 2024

🚨 PRAZO DE RENOVACIÓN
💳 Socio + Licenza Federativa
📆 Prazo: do 27 dec ó 7 xaneiro
✅ Alta/Renovación: https://www.google.com/url?q=https://bit.ly/489y4At&source=gmail&ust=1703783404251000&usg=AOvVaw22cTMevShNRblYeRq0RnVS">https://bit.ly/489y4At
⚠️ IMPORTANTE‼️Para dispoñer da licenza xa tramitada a día 1 de xaneiro de 2024 o prazo límite para realizar a inscrición e o ingreso será o xoves 28 de decembro ás 23:59 horas..

💶 Cota socio: 30 €/ano

💳 Licenza Federativa
Para a tempada 2024 a FGC estableceu de novo prezos diferentes según se trate dunha renovación (os que xa tivestes licenza en 2023, neste ou noutro clube) ou dunha nova licenza (os que non tivestes licenza en 2023), tal coma se detalla a continuación:

🔄 Prezos Renovacións
⚠️ Ata 29 febreiro 2024
👉🏼 Cicloturista: 110 €/ano
👉🏼 Máster 30-60: 126 €/ano
👉🏼 Élite ou Sub23: 126 €/ano

🆕 Prezos Novas Licenzas
⚠️ Ou renovacións a partir 1 marzo 2024
👉🏼 Cicloturista: 115 €/ano
👉🏼 Máster 30-60: 135 €/ano
👉🏼 Élite ou Sub23: 135 €/ano

🚨 PREZOS 2024 SUBVENCIONADOS‼️
Os prezos subvencionados das licenzas de 2024 para os actuais socios (2023) son os seguintes:

🔄 Prezos Renovacións
⚠️ Ata 29 febreiro 2024
👉🏼 Cicloturista: 80 €/ano
👉🏼 Máster 30-60: 80 €/ano
👉🏼 Élite ou Sub23: 80 €/ano

🆕 Prezos Novas Licenzas
⚠️ Ou renovacións a partir 1 marzo 2024
👉🏼 Cicloturista: 85 €/ano
👉🏼 Máster 30-60: 85 €/ano
👉🏼 Élite ou Sub23: 85 €/ano

🚨⚠️💸 Recargo fóra de prazo: 20 €
En caso de solicitar a renovación da licenza federativa fóra do prazo ordinario establecido (do 27 de decembro ó 7 de xaneiro), aplicarase un recargo de 20 € en concepto de gastos de xestión.

🏦 Abanca: IBAN ES82 2080 5031 2430 4001 8130
💶 Importe:
👉🏼 Non federados: 30 €
👉🏼 Federados: 30 € + licenza (segundo proceda)
🖊 Concepto:
👉🏼 Non federados: "Cota 2024"
👉🏼 Federados: "Cota + Licenza 2024"

⚠️ MOI IMPORTANTE‼️
💻 Novo sistema de rexistro 🆕
Estrenamos novo sistema de rexistro para a campaña de altas e renovacións de 2024, polo que detallamos varias consideracións a ter en conta:

✍️ Inscribirse antes de pagar: é moi importante que antes de realizar o ingreso vos incribades a través do formulario de alta/renovación, porque ó remate do proceso de rexistro o sistema informaravos do importe total a pagar tras aplicar os descontos correspondentes.

👤 Foto carné obrigatoria: a partir de agora a foto carné será obrigatoria tanto para os socios federados coma tamén para os NON federados, e para a tempada 2024 será necesario que tódolos socios (incluídos os socios federados que renovan) a adxunten durante o proceso de rexistro.

💳 Fotos DNI renovacións: do mesmo xeito, os socios federados en 2023 que renoven deberán que adxuntar de novo as fotografías do anverso e do reverso do DNI durante o proceso de rexistro, de xeito que queden cargadas no novo sistema tamén.

🔄 Datos renovacións: ó introducir o DNI o novo sistema recuperará os datos (agás as fotografías) dos socios con ficha en 2023, permitíndolle actualizalos se fose necesario.

🔔 IMPORTANTE‼️
📸 Foto para a licenza
A normativa da UCI obriga ás federacións nacionais e autonómicas a que no deseño da licenza federativa (dende 2021 tan só en formato dixital) se inclúa unha fotografía tipo DNI do federado/a.

👤 Requisitos que debe cumprir a fotografía:

👉🏼 Tipo carné.
👉🏼 Con fondo uniforme.
👉🏼 En formato imaxe .jpg ou .png
⚠️ NON servirán en formato .pdf, word, etc; nin tampouco con lentes de sol, casco, gorra, etc.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e todalas aquelas funcións relacionadas coas suas preferencias mediante el análisis dos seus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta o seu uso.Si continua navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información premendo aqui.

  Acepto as cookies deste sitio.
EU Cookie Directive plugin by www.channeldigital.co.uk