Seguimos traballando, presentámosvos a ruta de carretera, A Estrada - Ezaro, que se celebrará o vindeiro       de maio.

Todolos interesados en asistir, tedes que formalizar a inscripción no evento mediante o seguinte enlace, que vos dará acceso ó formulario creado para dito fin.

Formulario

Fotos da II Ruta Infantil celebrada o día 8 de abril de 2017 xa dispoñibles premendo no seguinte enlace.

Album

Recopilación dalgunhas imaxes da II Ruta Popular

Album

Despois do subidón propios do día chega a calma, e con ela tempo para facer balance, anotar acertos, pero sobre todo prestar atención neses detalles que ben seguro pódense mellorar.

Agradecer a todas as persoas que contribuíron a que este domingo, en Sabucedo, puidésemos gozar dunha auténtica xornada de btt. Imposible poder facer mención a todas porque seguro alguén nos quedaría no tinteiro, pero non queremos deixar pasar a oportunidade de dar as grazas aos corredores, que nos brindaron un espectáculo coa súa entrega e esforzo, baleirándose por completo chegando exhaustos á liña de meta.

E que dicir dos socios da Peña ciclista Bikestrada, que grandes sodes!!! Nunca nos cansaremos de repetir que sen vós nada do que facemos sería posible, moitas grazas!!! ???

Agradecer tamén a confianza depositada en nós ao TeamRelay, á Federación Galega de Ciclismo, o Excmo. Concello da Estrada, Helvetia seguros e a todas as empresas que nos apoian durante todo o ano.

E por último, mención especial para a 
Asociación Rapa das Bestas, pola boa predisposición dende o primeiro momento, moitas grazas!!

Seguimos aprendendo...

Publicada a primeira remesa de imaxes da TrasGalaica. Nos vindeiros días iremos engadindo todo aquel material do que dispoñamos.

Para visualizalas, premer aquí

Imaxes de Antonio Toribio (Rutas Celtas BTT)

Para visualizalas preme aquí.

Pese a que o tempo non era o ideal, déronse cita na Praza do Concello un montón de rapazes dispostos a disfrutar da bicicleta polos camiños estradenses.

Aquí vos deixamos unhas estampas dos cativos agardando o intre de sair a pedalear e encherse de lama e de diversión.

Ver fotos

 

 

Subcategorías

Todos os artigos relativos a rutas do club.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e todalas aquelas funcións relacionadas coas suas preferencias mediante el análisis dos seus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta o seu uso.Si continua navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información premendo aqui.

  Acepto as cookies deste sitio.
EU Cookie Directive plugin by www.channeldigital.co.uk