Imaxes da ruta do salmón nos seguintes enlaces:
Aloxamentos recomendados: |
|
|||||||||
E para picar algo: |
|
Pasos a seguir para a alta de novos novos socios e instruccións para federarse.
1. Para darse de alta como socio debedes cubrir o formulario habititado na web do club, (ó fondo desta mesma páxina), aceptando previamente o regulamento interno do club, asi como facer o pago da cuota anual de 30 € na conta do club.
2. Para a renovación de socios, tan só e preciso cubrir o formulario adxunto o final deste mesmo artigo, e aboar a cuota de 30 € na conta do Club.
3. Para federarvos, si é o primeiro ano que o facedes a través de Bikestrada, deberedes enviar unha copia do voso DNI (por ambas caras) e unha foto tipo carnet (formato jpg ou png) o email do club Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. e aboar o pago da taxa correspondente. No caso de que xa estivésedes nalgún intre federados connosco, non será preciso que nos enviedes a copia do DNI.
Dende o club recomendamos que para a práctica habitual do cliclismo se faga un seguro (responsabilidade civil e médico), ben sexa federativo ou a través dunha entidade particular. As taxas para seguro a través da FGC son as seguintes:
- Master (se pasades dos 30 anos): Taxa 2017 de 105 €
- Elite (de 24-30 anos) e Sub-23:Taxa 2017 de 105 €
Unha vez se faga o ingreso da Taxa da federación na conta do club tramitarásevos a licenza no menor prazo posible, entrando en vigor no momento que esta quede validada pola federación, ainda que estedes a espera da entrega da licenza física (tipo carnet).
3. Unha vez sexades socios e recomendable que vos logeedes a través da web do club (www.bikestrada.com). Isto serviravos para poder a área privada para socios (Reserva de furgoneta,….)
*Conta do club: Abanca: IBAN ES82 2080 5031 2430 4001 8130
* NOTA IMPORTANTE: No concepto da transferencia ou ingreso bancario debedes facer constar sempre o nome e apelidos do socio(e non o doutra persoa a que lle encarguedes facer o ingreso) e se queda espacio poñer seguidamente o motivo do pago (cuota de socio ou taxa federativa según corresponda).
Ante calqueira dubida podedes consultárnola vía email ou ben chamando o teléfono 665 407 068 de Juan Vilariño (Presidente) ou ó 637 844 664 de Javier Ramos (Vicepresidente).
REGULAMENTO INTERNO “BIKESTRADA”
Regulamento de réxime interno de "Bikestrada", acompañado do formulario para actualización de datos dos antigos socios, así como de incorporación dos mesmos nas novas altas.
O Gabinete GADEPA, situado no centro de Pontevedra, rexentado polo preparador físico Paulo de la Fuente, quen veu dar unha charla para o club no ano 2016.
A proba (completa) realizarase en GADEPA, (Pontevedra), constando dun recoñecemento médico cardoivascular, realizado por cardiólogo, con electrocardiografia e ecocardiografía para descartar anomalías do corazón ou arritmias, ou ben realizar a proba sen cardiologo, no cal se obteñen únicamente parámetros de rendemento a nivel deportivo.
Prezos para clubes:
- Completo con cardiologo: 120 €
- Sen cardiologo: 60 €
Para as probas sen cardiólogo cabe a posibilidade de que se desprace aquí, sempre que xuntemos un mínimo de xente.
Habilitamos un formulario na web (cas 2 opcións) para que se anoten todos aqueles que estén interesados en facelo neste centro e despois miramos como organizarnos.
A poder ser trataríamos de facelo no mes de decembro ou no seu defecto en xaneiro.
Días dispoñibles: De luns a venres preferiblemente pola tarde
Celebraremos a cea o sábado 25 de novembro no Hostal A Bombilla.
Para anotarvos tedes que cubrir o formulario habilitado, podendo levar acompañante.
Último día para anotarse o mércores 22 de novembro.Hora: 22:00 h
MENÚ:
Entrantes: Tortilla, calamares, croquetas, langostinos a prancha
Costilla de porco e terneira con criollos e patacas
Postre: Tarta xeada ou postre caseiro
Cafe. Chupito
Viño: Ribeiro branco e tinto
PREZO: 21 €
Inscripción no seguinte formulario:
IMPORTANTE, OS NENOS SO PODERÁN PARTICIPAR NO CASO DE TER CUBERTO O SEGUINTE FORMULARIO:
Cubrir formulario de autorización.
IV Ruta Infantil, organizada polo Concello da Estrada, en colaboración con Bikestrada.
A saída terá lugar as 16:00 (puntual) o día 4 de novembro na Praza do Concello da Estrada.
A ruta terá unha duración de aproximadamente dúas horas, pero sempre supeditada o ritmo que impoñan os nenos.
Contaremos ca furgoneta do club que fará asistencia no caso de ser preciso.
A idade mínima para a participación na ruta é de 6 anos.