Pasos a seguir para a alta de novos novos socios e instruccións para federarse.
1. Para darse de alta como socio debedes cubrir o formulario habititado na web do club, (ó fondo desta mesma páxina), aceptando previamente o regulamento interno do club, asi como facer o pago da cuota anual de 30 € na conta do club.
2. Para a renovación de socios, tan só e preciso cubrir o formulario adxunto o final deste mesmo artigo, e aboar a cuota de 30 € na conta do Club.
Dende o club recomendamos que para a práctica habitual do cliclismo se faga un seguro (responsabilidade civil e médico), ben sexa federativo ou a través dunha entidade particular. As taxas para seguro a través da FGC son as seguintes:
- ·Taxas Seguro da federación:
- Consultar taboas da federación premendo aquí:
Unha vez se faga o ingreso da Taxa da federación na conta do club tramitarásevos a licenza no menor prazo posible, entrando en vigor no momento que esta quede validada pola federación, ainda que estedes a espera da entrega da licenza física (tipo carnet).
3. Unha vez sexades socios e recomendable que vos logeedes a través da web do club (www.bikestrada.com). Isto serviravos para poder a área privada para socios (Reserva de furgoneta,….)
*Conta do club: Abanca: IBAN ES82 2080 5031 2430 4001 8130
* NOTA IMPORTANTE: No concepto da transferencia ou ingreso bancario debedes facer constar sempre o nome e apelidos do socio(e non o doutra persoa a que lle encarguedes facer o ingreso) e se queda espacio poñer seguidamente o motivo do pago (cuota de socio ou taxa federativa según corresponda).
Ante calqueira dubida podedes consultárnola vía email ou ben chamando o teléfono 665 407 068 de Juan Vilariño (Presidente).
O premer o botón que da acceso ó "Formulario" aceptas as normas establecidas polo clube.
Ó premer o botón que da acceso ó "Formulario" aceptas a normativa da LOPD da Peña Ciclista Bikestrada, que establece que tanto os datos como as imaxes proporcionadas a través deste formulario de rexistro serán cedidas á Federación Galega de Ciclismo para a súa incorporación nos seus ficheiros e para a expedición da licenza federativa de 2022, así coma para a xestión interna dos socios da entidade.
Asemade, o botón que da acceso ó "Formulario" aceptas tamén que, segundo establece a normativa da LOPD da Peña Ciclista Bikestrada, os datos proporcionados a través deste formulario de rexistro poderán ser cedidos ós diferentes patrocinadores da entidade únicamente para que estos poidan dar a coñecer e ofertar directamente ós socios da entidade os seus productos e servizos incluídos no convenio de colaboración firmado entre entidade e patrocinador.