Dende o club recomendamos que para a práctica habitual do cliclismo se faga un seguro (responsabilidade civil e médico), ben sexa federativo ou a través dunha entidade particular.
Seguros da federación
Cada final de ano abrese un prazo ordinario para a solicitude da lizenza federativa a través do club. Tramitamos os seguintes seguros:
- Cicloturista
- Recomendado para participar en probas non competitivas.
- Master
- No caso de que vaiades a participar a probas competitivas (Open da Federacion, Transgalaica, Master de carretera,…) e teñades 30 anos ou máis.
- Elite (de 24-30 anos) e Sub-23
- No caso de que vaiades a participar a probas competitivas (Open da Federacion, Transgalaica, Master de carretera,…) e teñades menos de 30 anos.
Cotas e Taxas 2021
Se solicitas unha licenza federativa a través do club o prazo ordinario será do 7 ó 20 de decembro. En caso de solicitala fóra do prazo ordinario, aplicarase un recargo de 20€ en concepto de gastos de xestión.
Cota/taxa | Cantidade |
---|---|
Cota socio | 30 € |
Licenza Federativa Cicloturista | 91 € |
Licenza Federativa Máster | 105 € |
Licenza Federativa Élite ou Sub23 | 105 € |
Recargo licenza fora de prazo ordinario | 20 € |
Transferencia ou ingreso bancario
No concepto da transferencia ou ingreso bancario debedes facer constar sempre o nome e apelidos do socio/federado (e non o doutra persoa a que lle encarguedes facer o ingreso).
Se despóis do nome e apelidos queda espacio poñer seguidamente o motivo do pago ("Cota 2021" ou "Cota + Licenza 2021").
Cotas/Taxas | Cantidade | Concepto |
---|---|---|
Socio | 30€ | Nome + Apelidos +"Cota 2021" |
Socio + Cicloturista | 121€* | Nome + Apelidos + "Cota + Licenza 2021" |
Socio + Master | 135€* | |
Socio + (Élite ou Sub23) | 135€* |
Conta bankaria de BikEstrada
Conta de Bikestrada |
---|
Abanca: IBAN ES82 2080 5031 2430 4001 8130 |
* En caso de solicitala fóra do prazo ordinario, aplicarase un recargo de 20€ en concepto de gastos de xestión.