SAIDAS ORGANIZADAS.

 

NO FORO DA WEB TENDES ABERTOS TRES APARTADOS COAS PRÓXIMAS SAIDAS ORGANIZADAS.

  1. RUTA DAS ROSQUILLAS - PONTEAREAS.
  2. LAGOS DE COVADONGA.
  3. 101 PEREGRINOS.SmileSmile

 

NESA SECCIÓN IREMOS ANOTANDO A TODOS AQUELES QUE ENVIARAN O CORREO ELECTRÓNICO COA CORRESPONDENTE CONFIRMACIÓN.

ASI MESMO E O SITIO INDICADO PARA AS SUXERENCIAS QUE ESTIMEDES PARA ORGANIZAR ESTAS SAIDAS.

 

Quero facerme socio/a de BIKESTRADA

 

Dirixido a quen teña interés en facerse socio/a de BikEstrada, e a tódolos/as afeccionados/as ó BTT da zona e queiran tomar contacto coa peña BikEstrada.

Se queres facerte socio/a da Peña Ciclista Bikestrada,...

Xa tes aberto o prazo para pagar a cuota do 2.012.

 

O importe da cuota será de 20 €/ano, que se ingresarán na conta da Peña en Novagalicia banco ( nº 2080-5031-24-3040018130 ) ,

Nota.- Non é obrigatorio ser socios/a para asistir ás saídas dominicais; polo que te invitamos a asistir a estas saídas BTT, e logo (pasadas unhas semanas) se o desexas pode facerte socio/a. Pero insistimos que NON É OBRIGATORIO SER SOCIO/A para asistir a estas saídas (fágase habitual ou esporádicamente)

Adicionalmente, podes federarte mediante BikEstrada, co que obtes un seguro que inclúe servicios sanitarios (En A Rosaleda, por exemplo), e Responsabilidade Civil.

A cuota que nos cobra a Federación Galega son 60€ para os cicloturistas e 70€ para os master.

 

Este ano, como cambio acordado pola Asamblea de Socios, non se tramitara a licencia de ningun ciclista que non abone a cuota de socio.

No concepto tendes que poñer o voso nome. Os socios novos tendes que enviarnos a maiores unha copia do DNI.

4ª e Ultima Ruta Popular en BTT. (13-11-2011)

A cuarta e última Ruta Popular organizada pola concellalía de deportes de A Estrada, coa colaboración da peña ciclista Bikestrada, tivo lugar o Domingo 13 de Novembro, festa do San Martiño. A asistencia foi moi inferior a tódolos eventos previos, e os asistentes foron 54. A maioría de A Estrada, e a participación de compañeiros/as de outros concellos foi moi baixa; o motivo deste feito foi a previsión e condicións meteorolóxicas.

Nesta ruta participou tamén o Concelleiro de Deportes, Don Ismael Pena, quen durante a preparación das rutas prometera a Bikestrada que participaría polo menos nunha das rutas, e a intensa chuvia non foi un obstáulo para cumpri-la promesa.

A persistente chuvia fixo que moitos/as participantes fixeran uso dos soportales da casa do concello evitando así unha molladura considerable antes de sair. Nesta ocasión o percorrido iniciouse, coma sempre, dende a praza do concello, continuando durante 4 Km. pola inicio da ruta da Rapa´2011 (tamén campionato de Galiica BTT Maratón, celebrado en Setembro), desviandonos logo cara a zona alta de Matalobos, onde a chuvia desapareceu para o resto da mañá quedando un bonito dia para a práctica da bicicleta de montaña. Logo o percorrido continuou cruzando no alto da cruz, dende onde se sucederon varias bonitas baixadas cara a igrexa de San Xurxo de Vea, facendo algúns tramo da Ruta do Salmón á inversa baixando ata o Rio Vea, e voltando a subir cara Baloira, dende onde chegamos a Santa Cristina de Vea, onde tivo lugar o tradicional avituallamento. Dende o avituallamento viñeron algunhas duras rampas para poder chegar ata o poligono industrial de Toedo, a partir de onde enlazamos cos 3 últimos Kilometros da ruta do Salmón por Matalobos, zona deportiva, e chegada á praza do concello ás 13:30 h., coincidindo co paseo cabalar dos participantes na festa do San Martiño. Finalmente, os contakilometros indicaban unha distancia de 28 Km.

Toda a ruta foi con normalidade, e só resulta destacable algunha caída menor, algúns paus que se metían nos cambios, e incluso un compañeiro que debido a este motivo lle rompeu a patilla do cambio e se viu obrigado a subir á furgoneta de apoio, pero xa cara o final da ruta.

Varios compañeiros e compañeiras amosaron interés en seguir en contacto con Bikestrada, para formar parte da peña, e para participar nas saídas habituais dos Domingos (non é necesario ser socios/a para vir, só ganas de disfrutar coas rutas).


A valoración tanto da concellalía de deportes coma de Bikestrada, é moi positiva posto que a media de participación foi de 90 persoas por evento, onde participaron tanto homes coma mulleres, tanto maiores coma menores, tanto xente de A Estrada coma de outros concellos, tanto persoas en forma coma persoas que queren mellora-la súa saúde. Deste xeito a partipación foi moi hetereoxenea.

En xeneral os participantes ó final de cada ruta/paseo mostraban o seu agradecemento por esta iniciativa, indicando que disfrutaran, e preguntando cando se repetirían estas iniciativas.

A intención da concellalía de deportes e da peña colaboradora Bikestrada, é repetir esta saúdable e bonita iniciativa, con outros paseos familiares e rutas populares na Primavera de 2012. Para manterse informados de este e outros eventos posibles, invitamos á xente que visite periodicamente a web www.Bikestrada.com

Galería 1 (Foto.-Rafa.S.)

xa está disponibles tamén as fotos da 3ª Ruta Popular na noticia correspondente.

3ª Ruta Popular. Domingo, 6 de Novembro de 2011

A terceira ruta popular celebrada pola concellalía de deportes de A Estrada, coa colaboración de Bikestrada, contou nesta ocasión con 112 participantes.
Nesta ocasión fixemos un percorrido de 26 Km aproximadamente. Saindo dende a praza do concello, cara a decoita, onde comezamos a subir polo percorrido da Ruta da Rapa´2011 (e por onde subiron tamén os campións de BTT de Galicia, posto que tamén foi o campionato de Galicia de BTT-Maratón), por camiños que ascendían cara o Monte Cabalar, para bordear ampliamente o vertice xeodésico, cunhas excelentes vistas da zona. O avituallamento tivo lugar nunha ladeira antes de chegar ó establo da cooperativa monte calabar, dende onde baixamos cara a vila por tramos da Ruta da Rapa das Bestas. Deste xeito fíxose un achegamento de dita ruta recoñecida pola súa dureza, ós afeccionados á bicicleta de montaña. O ritmo e o feito de que só eran 26 Km, fíxo posible que moitos afeccionados e afeccionadas puidesen disfrutar de preciosos tramos por carballeiras idílicas, chegando ata a Somoza e Ouzande, para finalmente rematar na praza do concello.

O día comezou frio, pero o esforzo fixo que tras as primeiras costas os participantes xa entrasen en calor e presindisen de chaquetas, pasando a desfrutar dun día soleado.

Todo finalizou ben, ainda que tivemos algunha caída sin maiores repercusións, algún pinchazo, rotura de cadea, rotura de sillín.

Os particpantes seguen chegando dende o propio concello, pero tamén dende outros  próximos.
Varios participantes xa mostraron interese en coñecer os trámites para unirse á peña ciclista bikestrada (colaboradora coa concellalía de deportes nesto paseos familiares e rutas populares) ó remate destas rutas populares.

Dende a peña ciclista, infórmase que despois das rutas populares, quen teña interese en seguir en contacto con estas rutas, pode aparecer os Domingo ás 10:00 h. polo inverno e ás 9:30 h. polo verán, na alameda municipal e acompañarnos, insistindo en que as rutas dominicais habituais non son organizadas e cada quen é responsable de sí mesmo. Asemade, o ritmo será algo superior pero asumible para a maior parte dos asistentes a estas rutas populares.
De tódolos xeitos se calquera persoa quere probar, pode facelo, posto que en tódalas rutas suele haber alternativa para voltar antes cara a vila por carretera ou dun xeito doado, en caso de que calquera se vexa con poucas forzas, ou queira chegar chegar antes.

En breve poñeráse información na web da peña, sobre cómo facerse socio/a, así como os prazos de pago da cuota e os trámites necesarios para federarse a través da peña.

Un saúdo.

2ª Ruta Popular. Domingo, 30-10-2011

O Domingo, 30 de Outubro chegamos ó ecuador das rutas populares en btt, programadas para este outono pola concellalía de deportes de A Estrada e Bikestrada.

O pelotón estibo formado por 89 compoñentes, como nas anteriores a maior parte era de A Estrada, pero tamén doutros concellos como Pontevedra, Santiago, Cuntis, Caldaas, Vedra, Forcarei, Silleda. A xente mostrouse agradecida pola iniciativa e valoran moi positivamente o feito de o concello de A Estrada organice estas rutas populares, coa inestimable colaboración da Peña Ciclista Bikestrada que deste xeito da a coñecer ós/ás afeccinados/as diferentes tramos de rutas habituais que suelen percorrer.

Saímos dende a praza do concello pola coñecida ruta do Salmón, bordeando o Liñares, e atravesando carballeiras por Paradela, tras pasar pola zona de Pina (Minicentral). Ximonde foi o lugar elexido para repoñer forzas con fruta e auga fresca. Tras un breve paso polas próximidades do rio, abandonamos a ruta do Salmón para subir cara Santeles e Toedo, e voltar cara a Cañoteira polas 13:30.

Para o próximo Domingo, 6 de Novembro, temos previsto ter unha pequena toma de contacto coa Ruta da Rapa. Sairemos dende a praza do concello e subiremos con un ritmo suave, para desfrutar do entorno e irnos achegando á subestación eléctrica, onde faremos uns tramos máis ben chans, e ascendendo levemente pasaremos por cerca do punto xeodésico do Monte da Somoza. Dende alí bordearemos o monte desfrutando das excelentes vistas se o tempo o permite, descendendo lixeiramente para enlazar con tramos da Ruta da Rapa, e voltar cara a zona de inicio.


Un saúdo.

2_rut_pop_2011_Galería 1 (Foto.- R.S.)

  Segundo compañeiros suban máis fotos, poñeremos aquí os enlaces.

-----------------------------------------------------------------------------------

NOTA

Os primeiros 14 Km +- ata o avituallamento foron pola ruta permanente do Salmón. Quen queira facer esta bonita ruta en calquera momento, pode ver o seu percorrido nos seguintes enlaces (ou descargar os tracks):

Ruta Permanente do Salmón

Ruta do Salmón 2.011 ( con algunhas modificación sobre a permanente, é posible que en época de chuvias algún tramo pequeno non se poida facer ou estea pechado de vexetación)


1ª Ruta Popular (23-10-2011)

Na 1ª Ruta Popular en BTT ( A Estrada - Bikestrada) participaron cerca de 100 persoas.

Tivemos conpañeiros/as de Cuntis, Teo, Ames, Forcarei e Santiago.

Saímos ás 10:10 a.m. dende a praza do concello, pola cañoteira, dirección Aguións e Toedo, para facer un percorrido por diferentes zonas de Santeles, e subir dende a igrexa ata o campo de fútbol de Santeles onde houbo un avituallamento para os/as participantes, dende alí pasamos ata o polígono industrial de Toedo, onde enlazamos cos últimos Kilómetros da ruta do Salmón. Fíxemos un reagrupamento final na zona deportiva para cruzar a vila xuntos,ata a praza do concello.

A climatolxía respetou bastante ata os 2 últimos Kilometros, cando comezou a chover considerablemente.

Protección Civil, como sempre, axudou no desenvolvemento da ruta. As averías que houbo foi algún pinchazo, e algunha rotura de cadea na que os compoñenetes de Bikestrada, axudaron.

Dende Bikestrada invitase á xente a participar nestas rutas, nas que poderán coñecer tramos de rutas habituais da peña, e encontrar unha peña onde poder compartir experiencias e compañerismo en ruta.

A próxima semán faremos o primeiro tercio da Ruta do Salmón para logo acortar, e quedarnos cun percorrido de 25 Km apróximadamente.

O nivel técnico do percorrido será un pouquiño superior, e a esixencia física tamén levemente maior.

Creemos que é unha boa oportunidade para todas aquelas persoas que queiran introducirse neste deporte, e incluso no futuro pertencer á peña e tomar parte nas saídas dominicais.

Un saúdo.

Galería 1 (Foto.- R.S.)

Cara o final da semán esperamos poder poñer un enlace ó video que nos preparará "Alamedas".

Rutas Populares + Paseos Familiares (Outono 2.011)

-------------------

Aquí iremos poñendo as novas, referentes ás rutas familiares e populares que xurdan.

ATENCIÓN

O Sábado, 15, ás 16:00h, será o 2ºPASEO FAMILIAR (coma o Sábado pasado, 12 Km+-)

O Domingo, 16 ás 10:00h, será a 1ª RUTA POPULAR (20 Km+-, máis esixente)

 

Para participar nestos PASEOS / RUTAS só hai que presentarse no lugar da saída 15 minutos antes do inicio.

Non é obrigatoria a inscrición previa, pero sí que AGRADECEMOS nos envien os datos e indiquen a qué paseos/rutas teñen previsto asistir ( e con cantos menores), para axudarnos na previsión. Na parte superior da web hai un enlace "AXUDANOS coa PREVISION"

AGRADECEMOS que traian xa cuberta e asinada correspondentemente a autorización (de dereitos de imaxe e o nome dos menores que participarán), para evitar demoras na saída.

Antes do momento da saída terán que pasar pola mesa de inscricións para deixar os datos, e un teléfono de contacto durante a proba.

Lembren que os PASEOS FAMILIARES serán uns paseos para disfrutar e non para correr en exceso.

A ruta estará parcialmente sinalizada pero en ningún momento se poderá sobrepasar ós compoñentes de Bikestrada que vaian en cabeza, e moito menos ó coche que irá abrindo diante.

-------        CRÓNICAS e FOTOS/VIDEOS/...     ---------

--------------------------------------------------------------------

1º PASEO FAMILIAR (Sábado, 15 de Outubro, ás 16:00 h.)


Superouse o cento de participantes nos Paseos Familiares en BTT.
Un total de 102 participantes achegáronse na tarde do sábado a praza do Concello, ás 16:00h,  para desfrutar dun paseo en BTT  de 8 km de distancia.
Dende o club ciclista Bikestada mostrámonos moi satisfeitos polo alta particiapación e a boa acollida desta actividade.
A maioría dos partipantes eran do Concello da Estrada, pero tamén asistiu xente de Pontevedra, Cuntis e Santiago.
As idades dos participantes estaban entre os 5 e os 50 anos de idade. Adultos acompañando aos seus fillos, sobriños ou amigos.
Todo transcurreu  con normalidade, se incidentes destacables.
Os participantes regresaron á plaza do Concello sobre ás 18:30 moi satisfeitos e con intención de repetir vindeiro sábado.

 

 

Galería 2 ( Foto.- Fernando. "Alamedas")

 

Galeria 3 ( Foto.- Miguel Sande)

Un inciso....

quen pon estos enlaces... non dou resistido a tentación de publicar esta bonita foto collida do facebook de María Dono, onde se ve o resto da súa familia.

 

 

Fernando "Alamedas" deixanos aquí o video do 1º paseo familiar (Sábado, 15 de Outubro)

snap0873_vid_1_fam

 

Seguiremos poñendo fotos segundo nos cheguen dos fotografos.

 

----------------------------------------------------------------------------------------------

2º PASEO FAMILIAR (Sábado, 22 de Outubro, ás 16:00 h.)

Participaron sobre 80 persoas, e as idades foron entre os 5 e os 55 anos. Achegouse xente de A Estrada maiormente, pero tamén tivemos compañeiros/as de Cuntis, Caldas, Vedra, Santiago, Teo e Pontevedra.

Nesta ocasión saímos polas 16:15 h. dende a praza do concello, facendo o tramo inicial da ruta do Salmón, chegando a Liñares, e pasando á zona de Callobre, onde estaba a metade do percorrido, e onde se fixo un descanso e avituallamento de froita e auga. Aproveitamos para facer unha foto de grupo da maioría dos participantes, e retomar o paseo, esencialmente, por camiños rurais, voltando por Cereixo e Guimarei, ata o campo de fútbol da Baiúca, dende onde o pelotón chegou unido á praza do concello onde nos despedimos ata... mañá, porque o Domingo comezan as rutas populares, ás 10:00 h, dende a praza do concello, cun percorrido que irá pola zona de Toedo e Santeles esencialmente, duns 22 Km  aprox. será algo máis esixente e menos apto para os máis cativos.

A todas aquelas persoas que lles gustase a iniciativa dos Paseos Familiares decimoslles que probablemente na primavera se realizarán outras, e poden manterse informados/as visitando periodicamente www.bikestrada.com

Neste 2º paseo familiar houbo algún pinchazo e caída, pero todo sin maior trascendencia, polo que a colaboración de Protección Civil foi esencialmente de sinalización e apoio, pero sin ter que actuar en incidentes maiores.

A Peña Ciclista Bikestrada e a concellalía de deportes, pechan este ciclo dos 2 paseos familiares de outono con moi bo sabor de boca pola acollida da xente, e especialmente dos/das máis cativos.

As fotos feitas durante a ruta iranse subindo nos vindeiros dias, e a finais da semana esperamos ter publicado o video deste 2º paseo familiar feito por Fernando "Alamedas". Xa tedes o video do 1º paseo na sección de FOTOS e VIDEOS.

 

A tódolos/as que participastes nestos paseos populares.... dende a peña queremos darvos as

GRAZAS

por dar esta cálida acollida ó evento/iniciativa.  Faremos o posible por podelas repetir na primavera.

 

Avituallamento na Sobreira de Valiñas (Callobre)

 

 

Galería de Fotos 1 (Foto.- Rafa S.)

 

Galería de Fotos 2 ( Foto.- Fernando "Alamedas")

-------------------------------------------------------------------------------

1ª RUTA POPULAR (Domingo, 23 de Outubro, ás 10:00 h.)

Na 1ª Ruta Popular en BTT ( A Estrada - Bikestrada) participaron cerca de 100 persoas.

Tivemos conpañeiros/as de Cuntis, Teo, Ames, Forcarei e Santiago.

Saímos ás 10:10 a.m. dende a praza do concello, pola cañoteira, dirección Aguións e Toedo, para facer un percorrido por diferentes zonas de Santeles, e subir dende a igrexa ata o campo de fútbol de Santeles onde houbo un avituallamento para os/as participantes, dende alí pasamos ata o polígono industrial de Toedo, onde enlazamos cos últimos Kilómetros da ruta do Salmón. Fíxemos un reagrupamento final na zona deportiva para cruzar a vila xuntos,ata a praza do concello.

A climatolxía respetou bastante ata os 2 últimos Kilometros, cando comezou a chover considerablemente.

Protección Civil, como sempre, axudou no desenvolvemento da ruta. As averías que houbo foi algún pinchazo, e algunha rotura de cadea na que os compoñenetes de Bikestrada, axudaron.

Dende Bikestrada invitase á xente a participar nestas rutas, nas que poderán coñecer tramos de rutas habituais da peña, e encontrar unha peña onde poder compartir experiencias e compañerismo en ruta.

A próxima semán faremos o primeiro tercio da Ruta do Salmón para logo acortar, e quedarnos cun percorrido de 25 Km apróximadamente.

O nivel técnico do percorrido será un pouquiño superior, e a esixencia física tamén levemente maior.

Creemos que é unha boa oportunidade para todas aquelas persoas que queiran introducirse neste deporte, e incluso no futuro pertencer á peña e tomar parte nas saídas dominicais.

Un saúdo.

Galería 1 (Foto.- R.S.)

Cara o final da semán esperamos poder poñer un enlace ó video que nos preparará "Alamedas".

--------------------------------------------------------------------------------------------------------

2ª RUTA POPULAR (Domingo, 30 de Outubro, ás 10:00 h.)

O Domingo, 30 de Outubro chegamos ó ecuador das rutas populares en btt, programadas para este outono pola concellalía de deportes de A Estrada e Bikestrada.

O pelotón estibo formado por 89 compoñentes, como nas anteriores a maior parte era de A Estrada, pero tamén doutros concellos como Pontevedra, Santiago, Cuntis, Caldaas, Vedra, Forcarei, Silleda. A xente mostrouse agradecida pola iniciativa e valoran moi positivamente o feito de o concello de A Estrada organice estas rutas populares, coa inestimable colaboración da Peña Ciclista Bikestrada que deste xeito da a coñecer ós/ás afeccinados/as diferentes tramos de rutas habituais que suelen percorrer.

Saímos dende a praza do concello pola coñecida ruta do Salmón, bordeando o Liñares, e atravesando carballeiras por Paradela, tras pasar pola zona de Pina (Minicentral). Ximonde foi o lugar elexido para repoñer forzas con fruta e auga fresca. Tras un breve paso polas próximidades do rio, abandonamos a ruta do Salmón para subir cara Santeles e Toedo, e voltar cara a Cañoteira polas 13:30.

Para o próximo Domingo, 6 de Novembro, temos previsto ter unha pequena toma de contacto coa Ruta da Rapa. Sairemos dende a praza do concello e subiremos con un ritmo suave, para desfrutar do entorno e irnos achegando á subestación eléctrica, onde faremos uns tramos máis ben chans, e ascendendo levemente pasaremos por cerca do punto xeodésico do Monte da Somoza. Dende alí bordearemos o monte desfrutando das excelentes vistas se o tempo o permite, descendendo lixeiramente para enlazar con tramos da Ruta da Rapa, e voltar cara a zona de inicio.


Un saúdo.

2_rut_pop_2011_Galería 1 (Foto.- R.S.)


NOTA

Os primeiros 14 Km +- ata o avituallamento foron pola ruta permanente do Salmón. Quen queira facer esta bonita ruta en calquera momento, pode ver o seu percorrido nos seguintes enlaces (ou descargar os tracks):

Ruta Permanente do Salmón

Ruta do Salmón 2.011 ( con algunhas modificación sobre a permanente, é posible que en época de chuvias algún tramo pequeno non se poida facer ou estea pechado de vexetación)

 

-----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Hoxe, Domingo 9 de Outubro, tocou ascender ó Xesteiras.

Hoxe, Domingo 9 de Outubro, tocou o Xesteiras

 


De Paseo pola Conla

Últimas fotos AQUI

¿Quién está en línea?

Tenemos 9 invitados conectado(s)

Recursos

Mensajes

061364
HoyHoy23
AyerAyer36
Esta semanaEsta semana23
Este mesEste mes312
Todos lo díasTodos lo días61364