Rutas organizadas todolos domingos e festivos tanto na sección de montaña como na de carretera
Se queres coñecernos, terás ocasión a través das rutas populares, nas que calquer persoa de calquer condición física se pode unir a nos. |
En bikestrada sabemos da importancia dos cativos, eles tamén teñen cabida connosco mediante as rutas infantís. |
O noso entorno é único e aproveitámolo para que os de fora o poidan disfrutar
O Gabinete GADEPA, situado no centro de Pontevedra, rexentado polo preparador físico Paulo de la Fuente, quen veu dar unha charla para o club no ano 2016.
A proba (completa) realizarase en GADEPA, (Pontevedra), constando dun recoñecemento médico cardoivascular, realizado por cardiólogo, con electrocardiografia e ecocardiografía para descartar anomalías do corazón ou arritmias, ou ben realizar a proba sen cardiologo, no cal se obteñen únicamente parámetros de rendemento a nivel deportivo.
Prezos para clubes:
- Completo con cardiologo: 120 €
- Sen cardiologo: 60 €
Para as probas sen cardiólogo cabe a posibilidade de que se desprace aquí, sempre que xuntemos un mínimo de xente.
Habilitamos un formulario na web (cas 2 opcións) para que se anoten todos aqueles que estén interesados en facelo neste centro e despois miramos como organizarnos.
A poder ser trataríamos de facelo no mes de decembro ou no seu defecto en xaneiro.
Días dispoñibles: De luns a venres preferiblemente pola tarde
Celebraremos a cea o sábado 25 de novembro no Hostal A Bombilla.
Para anotarvos tedes que cubrir o formulario habilitado, podendo levar acompañante.
Último día para anotarse o mércores 22 de novembro.Hora: 22:00 h
MENÚ:
Entrantes: Tortilla, calamares, croquetas, langostinos a prancha
Costilla de porco e terneira con criollos e patacas
Postre: Tarta xeada ou postre caseiro
Cafe. Chupito
Viño: Ribeiro branco e tinto
PREZO: 21 €
Inscripción no seguinte formulario:
IMPORTANTE, OS NENOS SO PODERÁN PARTICIPAR NO CASO DE TER CUBERTO O SEGUINTE FORMULARIO:
Cubrir formulario de autorización.
IV Ruta Infantil, organizada polo Concello da Estrada, en colaboración con Bikestrada.
A saída terá lugar as 16:00 (puntual) o día 4 de novembro na Praza do Concello da Estrada.
A ruta terá unha duración de aproximadamente dúas horas, pero sempre supeditada o ritmo que impoñan os nenos.
Contaremos ca furgoneta do club que fará asistencia no caso de ser preciso.
A idade mínima para a participación na ruta é de 6 anos.